
A Eurocámara, o Consello da UE e a Comisión Europea acadaron un acordo que garante a inclusión da liña A Coruña-Vigo-Ourense-León na rede básica do Corredor Atlántico, aínda que se establece o 2030 como horizonte de conclusión das obras de modernización do tren de mercadorías. Quedouse fóra desta rede básica a liña Vigo-O Porto, que se integrará na rede global o que alonga o prazo de execución até 2050. Do mesmo xeito quedou o porto de Vigo, que pertence tamén á rede global, segundo a nomenclatura usada en Bruxelas.
Fonte.- Faro de Vigo
Fecha publicacion:
2019-03-10 17:00:00