A asociación mundial de recambios do automóbil celebrou a súa reunión anual

O pasado 22 de maio, con motivo da celebración da Automotive Engineering Exposition Yokohama 2019 (Exposición de Enxeñaría do Automóbil de Yokahoma 2019), celebrada en Xapón, tivo lugar tamén a terceira reunion do G7 Global Auto Parts Industries Associations (Asiciación Mundial de Industrias Auxiliares do Sector do Automóbil - G7). G7 é un grupo composto por sete das maiores asociacións de industrias auxiliaries dos maiores produtores de vehículos do mundo: Brasil, Canadá, Unión Europea, India, Xapón, México e EE.UU. Entre os principais temas tratados: a revisión do mercado actual, o comercio mundial e as súas políticas, a descarbonización, o desenvolvemento de regulación etc.

Fonte.- CLEPA

Fecha publicacion: 
2019-05-23 12:15:00
Subir