
Un numeroso grupo de empresarios integrados na patronal ribeirense expuxeron as súas inquietudes e preocupacións sobre o proxectado polígono industrial na zona de Pedras Vermellas. Así o fixeron durante a quenda de preguntas que se estableceu no tramo final da reunión celebrada na tarde do mércores na sede da Asociación de Empresarios de Ribeira (AER) e que contou coa asistencia do alcalde, #Luis Pérez Barral, e na que se abordou o tema monográfico do novo chan industrial para a capital barbancesa. Como portavoz da inquietude dos asociados que están interesados nese novo parque empresarial, o seu presidente, Francisco Martínez Gude, desagregou os pasos dados ata a data e solicitou do rexedor local o compromiso de "axuntar forzas" para que ese proxecto estea en marcha a principios do próximo ano.
Ler máis: El Correo Gallego