O proxecto de prolongación da autovía da Costa da Morte deixará previsto o enlace co polígono empresarial de Vimianzo

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, avanzou que o proxecto de prolongación da autovía da Costa da Morte deixará previsto o punto de entronque para que o Ministerio de Fomento poida realizar a futura conexión co polígono empresarial de Vimianzo.

Dando cumprimento ao acordado polo Parlamento, a Xunta de Galicia realizou o estudo sobre a posible execución deste futuro ramal que uniría o que será a prolongación da autovía e o parque empresarial, e confirmou que os resultados da avaliación da Axencia Galega de Infraestruturas determinan a viabilidade técnica desta nova conexión.

Fonte.- Xunta de Galicia

Fecha publicacion: 
2019-05-08 10:45:00
Subir