A Consellería de Economía, Emprego e Industria presentou o Plan de inspección en materia de seguridade industrial do 2019

A Consellería de Economía, Emprego e Industria publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) o Plan de inspección en materia de seguridade industrial para o ano 2019, que contempla a realización de 3.245 inspeccións na nosa rexión co obxectivo de avanzar na prevención e seguridade, ao tempo que se mellora a competitividade do tecido produtivo galego.

Este plan anual de seguridade industrial inclúe cinco programas de inspección: instalacións sometidas a regulamentos de seguridade industrial e postas en servizo este ano; instalacións xa en servizo con anterioridade a 2019 e que tamén están sometidas a ditos regulamentos; declaracións responsables de empresas instaladoras ou mantedoras no ámbito da seguridade industrial presentadas este ano; empresas instaladoras ou mantedoras que xa están en servizo con anterioridade a 2019; e accidentes graves.

Fonte.- Consellería de Economía, Emprego e Industria

Fecha publicacion: 
2019-05-11 10:45:00
Subir