O Concello de Moraña ultima a ampliación do polígono de Afieiras

O Concello de Moraña ultima a ampliación do polígono de Afieiras, que contará cunha superficie de 118.508 metros cadrados de utilidade e unha ampla franxa de zonas verdes como separación das áreas residenciais lindeiras e das súas futuras zonas de expansión.

O goberno local xa aprobou inicialmente o desenvolvemento deste Solo Urbanizable Delimitado e acaba agora de recibir os informes sectoriais coa correspondente autorización a este proxecto.

Fonte.- Faro de Vigo

 

Fecha publicacion: 
2019-05-08 09:30:00
Subir