As obras na Plataforma Loxística Industrial Salvaterra – As Neves avanzan a bo ritmo

A compañía viguesa XAC avanza na execución da primeira fase da Plataforma Loxística Industrial Salvaterra - As Neves (PLISAN), denominada LE, que terá 400.000 metros cadrados útiles.

XAC logrou o contrato nunha UTE con Abeconsa-Lopez Cao por 8.861.128 euros cun prazo de execución de 300 días naturais. As obras avanzan a bo ritmo e o compromiso é ter neste mesmo ano as primeiras parcelas dispoñibles.

Segundo confirmou a Autoridade Portuaria de Vigo, a idea é que non sexa finalmente un Porto Seco senón unha zona loxística para empresas. Por tanto, queda descartado que se vaia a converter nun depósito de colectores. O presidente da Autoridade Portuaria, sinala que a distancia é demasiada para que sexa viable.

Fonte.- Atlántico

Fecha publicacion: 
2019-05-05 16:00:00
Subir