As empresas dun mismo polígono industrial poderán compartir gastos da factura eléctrica

As empresas que compartan espazo nun mesmo polígono industrial poderán aliarse para converterse en distribuidoras de electricidade dunha rede pechada que funcionará só para elas. O Consello de Ministros deu luz este martes ao real decreto que permitirá ese novo modelo de consumo, que se parece ao modo no que funcionan as comunidades enerxéticas locais, segundo precisou a ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribeira. Pero, en lugar de xerar a súa propia electricidade, a rede pechada permitirá compartir os gastos dos custos regulados asociados á factura eléctrica deses consumidores industriais. Isto permitiralles reducir os seus custos enerxéticos, ao compartir un mesmo punto de acceso ao sistema eléctrico.

As redes de distribución pechadas, segundo establece a normativa europea, son aquelas que fornecen enerxía eléctrica a unha zona industrial. Así, permiten agregar pequenos consumidores con distintas tensións de rede coma se fosen un único gran consumidor conectado a unha maior tensión.

Ler máis: La Voz de Galicia

Fecha publicacion: 
2023-04-25 11:30:00
Subir