Fonsagrada contará cun parque empresarial

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomei Roca, e o alcalde da Fonsagrada, Carlos López, asinaron este venres na Casa Consistorial deste municipio da Montaña un acordo entre ambas as administracións a través do que a institución provincial achega practicamente 2,5 millóns de euros para crear o polígono industrial. En concreto, a Deputación destina a esta nova dotación un total de 2.431.786,5 euros, o que supón o 90% do orzamento necesario para a súa construción, e o Concello achegará outros 270.198,5 euros.

O parque empresarial da Fonsagrada estará situado na rúa Burón, na parroquia do Padrón. En concreto, o polígono industrial construirase na confluencia da estrada que conecta Lugo e A Fonsagrada, a LU-530, coa provincial que vai deste municipio da Montaña a Navia de Suarna, a LU-P-1901, onde está prevista tamén a creación dunha glorieta que dea acceso a esta nova infraestrutura para a comarca da montaña.

Ler máis: Enfoques.gal

Fecha publicacion: 
2023-04-21 11:30:00
Subir