Zona Franca impulsará un polígono en Poio

Zona Franca de Vigo mostrou o seu apoio ao Concello de Poio para impulsar a construción do polígono empresarial da Fragamoreira. O delegado do Estado, David Regades, reuniuse co concelleiro de Urbanismo, Gregorio Agís, co obxectivo de ofrecer os servizos técnicos do Consorcio para realizar un estudo que indique a viabilidade desta zona para a implantación empresarial, tras unha petición do edil.
Regades sinalou que "imos estudar as peticións de Poio e facer un estudo técnico, nunha zona con boas comunicacións e demanda de chan empresarial"

Seguir lendo: Atlántico Diario

Fecha publicacion: 
2023-04-04 06:30:00
Subir