A Xunta de Galicia acaba de licitar por un importe de preto de 250.000 euros a redacción do Plan estruturante de ordenación de solo empresarial (PEOSE) que permitirá a ampliación do polígono industrial da Sionlla, en Santiago de Compostela.
A empresa pública Xestur sacou hoxe a licitación o contrato para a elaboración do referido plan por un importe total de 249.397,88 euros, IVE incluído. A adxudicataria disporá dun prazo de cinco meses para a presentación do borrador do plan, así como a documentación necesaria para iniciar a súa tramitación ambiental. As empresas interesadas terán ata o próximo 12 de maio para presentar as súas ofertas.
A previsión é que que a futura ampliación do parque compostelán da Sionlla ocupe unha superficie de máis de 400.000 metros cadrados.
Fonte: Xunta de Galicia