
Hai case dous anos, o grupo textil Inditex anunciou a compra de 218.000 metros cadrados de terreo no polígono industrial de A Laracha para a posta en marcha dunha plataforma loxística.
Agora, representantes da compañía con base en Arteixo e o alcalde larachés, ratificaron esta boa nova coa sinatura dun acordo urbanístico, polo cal se procede á permuta duns terreos. Trátase de parcelas que suman uns 10.500 metros cadrados. Así, o Concello cede a Inditex un espazo no que se sitúa un amplo aparcadoiro público, que inclúe iluminación e todo tipo de servizos, con pluviais e fecais.
De forma paralela, entrega á multinacional outra parcela, que no plan xeral figura como equipamentos públicos. Estes dous terreos pasarán a ser de titularidade privada, como uso industrial, segundo confirmaron fontes municipais.
Como contraprestación, Inditex cede ao Concello outras dúas parcelas, que suman unha superficie equivalente ás entregadas polo Concello da Laracha. Unha delas destinarase a aparcadoiros públicos e, a outra, a equipamentos. Esta permuta permite á compañía ter máis solo de uso industrial e ao Concello, manter os activos que xa tiña no polígono.
No acordo, o grupo Inditex comprométese por unha banda, a construír un aparcadoiro público nunha das parcelas; e, por outra, abonará«todos vos impostos como consecuencia da permuta, segundo consta no acordo asinado entre ambas as partes o pasado 26 de marzo e publicado onte no Diario Oficial de Galicia.
Fonte.- La Voz de Galicia