
Chan Empresarial do Atlántico (SEXA), sociedade estatal dependente do Ministerio de Transportes a través de Sepes, esgotou completamente o chan dispoñible no parque industrial de Té, en Rianxo, tras pechar coa empresa conserveira Jealsa, de Boiro, a reserva do sete parcelas que quedaban libres e que suman 28.191 m2.
Trátase dunha das operacións máis importantes pechadas nos últimos anos na comarca do Barbanza e permitirá sumar á histórica conserveira a un parque empresarial que se converterá a curto prazo nun referente en emprego e dinamismo económico en Galicia.
A directora de Relacións Institucionais de Jealsa, Margarita Hermo, destacou que ?esta operación reflicte, unha vez máis, a aposta que dende Jealsa vimos realizando pola comarca do Barbanza, xerando emprego e desenvolvemento económico. Rianxeira estará máis que nunca vencellada a Rianxo, un concello co que compartimos veciñanza e co que sempre tivemos unha especial relación?. Hermo dixo que ?proximamente? iniciaranse as obras nas parcelas adquiridas no polígono de Té, pero non quixo adiantar detalles do proxecto que Jealsa pretende levar a cabo nelas e do que ?informarase o seu momento?, sinalou.
Ler máis: El Correo Gallego