
O Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 2 de Redondela será o encargado de estudar o acordo acadado entre a oposición municipal de Pazos de Borbén e a Comunidade de Montes de Amoedo para poñer fin ao conflito que bloqueou dende hai anos o polígono industrial de Amoedo.
O Xulgado solicitará ao Concello que designe un letrado que o represente. Por outro, pedirá que se presente un escrito asinado polas partes que recolla os puntos do acordo, que xa se contemplaba que sería levado a instancias xudiciais para a súa homologación para así ofrecer a maior seguridade no proceso.
Fonte.- Atlántico
Fecha publicacion:
2019-04-16 07:45:00