
Desde o pasado mes de marzo, catro novas empresas solicitaron a preceptiva licenza para iniciar a súa actividade no parque empresarial de Nantes, o que indica claramente que o interese por asentarse neste polígono do Concello de Sanxenxo segue crecendo.
En concreto, trátase dunha área de subministración de combustible e de lavado de coches, unha empresa dedicada ao aluminio, unha firma de servizos forestais sustentables e unha destinada á actividade agroindustrial. En total, ocuparán unha superficie de 64.333 metros cadrados
Con estas novas incorporacións ao parque de Nantes son xa 54 parcelas ocupadas con proxectos empresariais cun variado abanico de actividades económicas. O polígono conta cun total de 261 parcelas para actividade empresarial. A maiores, o Concello de Sanxenxo dispón dunhas parcelas que suman 48.704 m2 que se destinarán a equipamentos públicos, entre os que destacan as novas sedes da Policía Local, o Servizo de Emerxencias do municipio turístico e os servizos de mantemento, parques e xardíns.
Ler máis: Diario de Pontevedra