
A Xunta aprobou onte o anteproxecto de Lei de Áreas Empresariais, unha normativa que aspira a reducir a tramitación urbanística ?sen rebaixar as esixencias ambientais? de 21 a 9 meses.
Trátase dun dos acordos adoptados polo Consello da Xunta na última reunión ordinaria antes da dimisión de Alberto Núñez Feijóo como presidente.
O texto abre a porta a que os concellos con poucos recursos deleguen nas empresas os gastos de conservación e mantemento do polígono e crea un censo de chan empresarial, á vez que permite ? crear reservas estratéxicas de chan?, que permitan blindar xuridicamente un posible polígono pero edificar só o terreo que teña demanda do mercado.
Ademais, o Consello reservou un paquete de medidas específicas para Santiago de Compostela, pechando o periplo de reunións con capítulo para investimentos nas cidades. O Executivo destinará uns 120 millóns de euros para proxectos crave para a capital de Galicia como as ampliacións do Complexo Hospitalario de Santiago (CHUS), da cidade administrativa de San Caetano ou a aposta por unha mobilidade sustentable.
Fuente: La Voz de Galicia