
O parque industrial de Muros é o de menor ocupación na comarca, o que levou a Suelo Empresarial do Atlántico (SEXA) a elaborar un plan de impulso cuxa xerente, Beatriz Sestayo, presentou á alcaldesa, Inés Monteagudo. Unha das novidades é que as parcelas ofrecidas baixo a modalidade de aluguer con dereito a compra elévanse a 40, o que incrementa a 30.000 os metros cadrados susceptibles de ser ocupados con esa fórmula.
Ademais, os prezos redúcense, dado que as de menor tamaño ?465 metros cadrados? poderán conseguirse por 64 euros mensuais. Outro dos cambios é que se inclúen tamén chans con catalogación de uso terciario e predios que superan o mil metros cadrados, o que amplía as opcións coas que poden contar as empresas.
Ler máis: La Voz de Galicia