Varios alcaldes de A Coruña buscan promocionar o solo empresarial de xeito conxunto

Os alcaldes de Ponteceso, Arteixo, Carballo, A Laracha, Oleiros, Curtis, Cerceda e Bergondo reuníronse onte no Club Financeiro d'A Coruña para valorar diferentes actuacións a levar a cabo para promocionar de forma conxunta o solo industrial da zona, no marco do Plan de Promoción Industrial impulsado pola Cámara de Comercio.

Segundo informaba onte un dos rexedores, idea é crear unha asociación de promoción industrial e lograr a captación de empresas por todo o mundo para que se asenten nos parques dos concellos implicados.

Propúxose, entre outras cuestións, estar presentes nas feiras máis importantes do sector, xa que alí se produce grande movemento de capital de investimento.

Fonte.- La Voz de Galicia

Fecha publicacion: 
2019-04-09 11:30:00
Subir