O Goberno Navarro e Elkargi abren unha liña de financiamento para as empresas afectadas polo Brexit

O Goberno de Navarra, a través da sociedade pública Sodena, subscribiu un convenio con Elkargi para poñer en marcha unha liña de financiamento por valor de 10 millóns de euros, para apoiar a curto-medio prazo a aquelas empresas navarras que poidan verse afectadas polo Brexit.

Isto débese a que, derivado da impredecible situación que se vive actualmente, os cambios no escenario de transaccións comerciais e o seu consecuente impacto económico, poden producir un efecto financeiro que colapse a tesouraría das empresas, polo que convén protexer o acceso ao financiamento e a liquidez das pemes, microempresas, autónomos e comercios.

Esta liña de financiaciamento, dispoñible dende este luns, poderá ser empregada polas empresas que manteñan relación comerciais directas de importación-exportación co Reino Unido, como por toda a rede de provedores e clientes destas.

Sodena, conta co aval de ELKARGI, unha sociedade de garantía recíproca, e concederá préstamos dende os 50.000 aos 500.000 euros de xeito inmediato ás empresas que cumpran os requisitos establecidos no convenio. Trátase dunha medida de apoio á internacionalización das pequenas e medianas empresas, aliñada coas políticas económicas xerais de apoio a pemes.

Así, esta ferramenta complementa as medidas e asistencia postas en marcha polo  Departamento de Desenvolvemento Económico.

Fonte.- SODENA

Fecha publicacion: 
2019-04-11 11:00:00
Subir