A Xunta adxudica máis de 26.500 m2 de solo industrial cunha bonificación global de 665.000 euros

A Xunta adxudicou un total de 26.547,84 m2 de solo industrial cunha bonificación global de 665.271 euros.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), acaba de publicar a resolución pola que se resolve o concurso de venda de solo industrial convocado este mesmo ano.

En total, adxudicáronse 22 parcelas en 7 parques empresariais de titularidade do IGVS en Touro, Bóveda, Quiroga, Taboada, Xermade, O Barco de Valdeorras e Verín. Ademais, os empresarios beneficiáronse da política de incentivos que aplica a Xunta, grazas á cal adquiriron solo cunha bonificación de ata un 50% sobre o prezo de venta. No seu conxunto, este solo foi adxudicado por un importe total de 731.179 euros.

As parcelas adxudicadas son as seguintes:

PROVINCIA DE A CORUÑA (3 parcelas / 2.122 m2)

Parque
Parcelas
M2
Prezo
Bonificación

Touro
3
2.122
71.499 €
26.397,39 €

PROVINCIA DE LUGO (15 parcelas / 14.874 *m2)

Parque
Parcelas
M2
Prezo
Bonificación

Quiroga. Fase D
5
3.750
76.875 €
76.875,50  

Xermade. Fase II
1
2.349
25.120 €
22.447,25 €

Bóveda. Fase II
2
1.502
16.268 €
16.263,96 €

Taboada. Fase I
7
7.272,50
256.993 €
239.757 €

PROVINCIA DE OURENSE (4 parcelas / 9.552,34 m2)

Parque
Parcelas
M2
Prezo
Bonificación

O Barco de Valdeorras. 2-3ª fase
3
6.250
175.447 €
174.553 €

Pazos (Verín). Fase I
1
3.302,34
108.977,22 €
108.977,22 €

Mobilizar o solo

A bonificación de compra de solo é unha das medidas que o Goberno galego manterá no vindeiro exercicio, co fin de favorecer a implantación de novas firmas ou a expansión e ampliación das que xa facilitan emprego en Galicia.

Para o 2022 reserva unha partida de 7,5 millóns de euros para esta liña de acción que ten boa acollida, tal e como demostran os 2,3 millóns de metros cadrados bonificados desde a súa posta en marcha, o que permitiu aforrar 70 millóns de euros ao tecido empresarial, aos que agora se suma a superficie adxudicada neste concurso.

Ademais, tamén se prevé unha partida de 26,6 millóns de euros para impulsar actuacións co obxectivo de optimizar un mínimo dunha vintena de parques empresarias.

FONTE: Xunta de Galicia

 

 

Fecha publicacion: 
2021-10-30 15:00:00
Subir