
En 2017 o Parlamento galego aprobou a lei destinada a fomentar a implantación de iniciativas empresariais, captar investimentos e evitar a deslocalización de empresas.
Un dos propósitos marcados nesta Lei é coñecer con exactitude a oferta de solo industrial dispoñible na comunidade para tentar dar unha resposta adecuada á demanda.
Este trámite, acaba de ser iniciado pola Consellería de Medio Ambiente, da que agora depende o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), que anunciou se creará un censo do solo empresarial que existe na nosa rexión.
Alega a Xunta ao respecto que, actualmente, só se dispón de información parcil recollida de forma sectorial por diversas asociacións, entidades e promotores, polo que convén realizar un rexistro de natureza administrativa no que figure a superficie xa urbaniza, lista para albergar empresas, así como as áreas previstas para o seu desenvolvemento.
Dende a Consellería de Medio ambiente explícase que a finalidade é coñecer o solo que realmente se atopa dispoñible e o grao de ocupación das áreas empresariais existentes en Galicia co obxecto de que sexa un instrumento de avaliación e planificación para a toma eficiente de decisión futuras.
Fonte.- Faro de Vigo