Coristanco: avanzan os «traballos previos» á espera da presentación do proxecto del polígono de A Miñata

O proxecto de construción do comprometido polígono da Miñata, en Coristanco, vai tomando corpo. Iso si, a contagotas. Moi aos poucos. A ralentí. Desde xaneiro do 2020, cando a Xunta aprobou de forma definitiva o informe de viabilidade do parque industrial presentado polo consistorio e incluíuno no plan de áreas industriais de Galicia -o que significou, na práctica, que pasaba a ser unha iniciativa prioritaria para o Executivo galego- poucos avances burocráticos houbo. Ou, polo menos, non transcenderon.

En xullo do pasado ano e durante unha visita a Coristanco, a conselleira de Medio Ambiente, Anxos Vázquez, anunciou o desbloqueo dunha iniciativa empresarial que fora comprometida por Madrid hai 18 anos, tras o desastre do Prestige, coa súa inclusión no xa famoso e arquivado Plan Galicia. Agora, 14 meses despois, desde o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) apuntouse que os técnicos «continúan traballando sobre o parque de Coristanco, están a facerse traballos previos e estúdase a mellor conexión viaria» cara á futura área.

SEGUIR LENDO: La Voz de Galicia

Fecha publicacion: 
2021-08-07 11:00:00
Subir