Melloras no polígono industrial de Tordoia, que dá traballo actualmente a 300 persoas

A Xunta de Galicia investirá un total de 88.000 euros para cofinanciar o acondicionamento da saída de augas pluviais do sector de solo urbanizable industrial S-03 e S-04 no polígono industrial de Tordoia. Así o comunicou este mércores o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, durante a súa visita ao municipio tordoiés, na que estivo acompañado do rexedor da vila, Antonio Pereiro.

A obra consiste na instalación dunha tubaxe de pluviais cos seus correspondentes pozos de rexistro. O representante do Goberno autonómico destacou ó respecto que este tipo de proxectos enmárcanse “na aposta da Xunta por impulsar a actividade industrial e mellorar a competitividade dos parques empresariais grazas á mellora das súas infraestruturas e ó impulso da creación de novas empresas que permiten xerar emprego”.

Con esta liña, da que se poden conceder anticipos de ata o 25 %, preténdese favorecer unha actualización permanente dos parques industriais da Comunidade para dar resposta ás necesidades de infraestruturas, comunicacións ou de adecuación ás novas esixencias.

SEGUIR LENDO: El Correo Gallego

Fecha publicacion: 
2021-07-29 11:15:00
Subir