Arteixo creará unha empresa pública de augas ante a actividade de Morás e o porto exterior

O Concello de Arteixo anunciou que iniciará os trámites para constituír unha empresa pública que se encargue da xestión do abastecemento de auga potable e o saneamento. Actualmente o servizo préstase en parte con operarios municipais do departamento de Obras e con diversos contratos externos, pero con este cambio de estrutura crearase unha compañía que se dedicará en exclusiva a estas tarefas. A xustificación que ofrece o Goberno local para adoptar esta decisión é que é necesario "reformular a estrutura organizativa que xestiona todos os sistemas de auga de Arteixo" ante "a próxima posta en marcha do polígono de Morás, a construción dunha nova potabilizadora no encoro de Sabón ou o progresivo aumento da actividade industrial" no porto exterior de Langosteira.

SEGUIR LENDO: La Opinión Coruña

Fecha publicacion: 
2021-07-20 11:00:00
Subir