As Neves propón usos para 1 millón de metros da Plisan

Unha vez que  Zona Franca, Xunta e Autoridade Portuaria de Vigo, que promoven a Plataforma Loxística Salvaterra-As Neves, consideraron sumar este ámbito de 1 millón de metros cadrados que pertence ao termo municipal das Neves e que quedara fóra da Plisan por sentenza do Tribunal Supremo, o alcalde nevense expón ao Consorcio da Zona Franca de Vigo dúas opcións para o uso dese terreo.
 A  primeira desas posibilidades que esgrime Xosé Manuel Rodríguez Méndez é que o chan pase a cualificarse  como 'dotacional' para posibilitar que o millón de metros cadrados de terreo poidan ser ocupados polo ?Circuíto de probas para o vehículo autónomo intelixente do Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia -CETAG-. Circuíto que é unha das infraestruturas que forman parte do programa "Vehículo Conectado V2X", promovido por Cellnex, e que o pasado mes de maio presentouse como ?Manifestación de Interese' (MDI), para optar aos fondos europeos 'Next Generation' destinados á recuperación económica. Nesa ocasión, o delegado de Zona Franca de Vigo, cualificouno como "unha oportunidade estratéxica" para Galicia así como tamén para o conxunto de España. A segunda posibilidade exposta  -segundo explica o propio alcalde nevense-, sería que, se o chan finalmente pasase a ser considerado 'industrial', ese millón de metros cadrados de terreo público, fose ocupado pola fábrica de baterías. Un proxecto, que conta co respaldo de máis dunha vintena de empresas tecnolóxicas punteiras, ademais da Zona Franca, a Universidade e o Concello de Vigo, e a Deputación de Pontevedra, e que tamén é candidato aos fondos europeos 'Next Generation'. Esta opción contaría con laboratorios de tecnoloxías de propulsión limpa: un das cales estaría integrado na propia iniciativa e os outros catro serán de apoio,
 liderados polo CTAG.

 

SEGUIR LENDO: Atlántico Diario

Fecha publicacion: 
2021-06-23 11:15:00
Subir