
O Conselleiro de 'Economia Sostenible, Sectors Productius, Comerç i Treball’ da Generalitat Valenciana, aproveitou unha visitsa ás instalacións da empresa Dismuntel, no polígono de Cotes B, para falar dos avances acadados en tres parques empresariais logo da concesión de máis de 600 mil euros para levar a cabo proxectos de mellora, modernización e dotación de infraestruturas e servizos.
En concreto, grazas ás axudas do Ivace, neste polígono déronse actuacións de mellora da seguridade, implantación de carril-bici e sistemas de xestión de residuos, rexeneración paisaxística e ambiental, mellora do alumeado público, das zonas verdes e da señalización. Todas estas, aspiran a facer tanto o parque como o municipio máis atractivo ás inversións.
Neste sentido, o Ivace concedeu no exercicio 2018-2019 un total de 582.699 euros para levar a cabo actuacións similares nos polígonos industriais de Cotes B, La Xara e Nucli d'Algemesí. Ademais, cabe destacar que en La Ribera, Ivace concedeu 3,9 millóns de euros para modernizar 22 polígonos industriais.
Fonte.- Conselleria d'Economia Sostenible, Sectors Productius, Comerç i Treball