
A Xunta de Galicia, concede dúas axudas por importe de case 100.000 euros ao Concello de Moraña para a modernización dos polígonos industriais de Afieiras e Mirallos no marco da orde para a mellora e habilitación de infraestruturas dos parques empresariais para o 2021.
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luís López, acompañado do alcalde José Cela, visitou onte ambos os polígonos nos que se renovarán e ampliarán as beirarrúas.
En Mirallos realizarase a maior actuación, cun investimento de 74.000 euros dos que uns 60.000 euros están financiados pola Xunta. Alí renovaranse as beirarrúas que se atopan en mal estado e con tramos incompletos. En total, o parque de 11 hectáreas disporá de 467 metros de beirarrúas cunha superficie renovada duns 1.000 metros cadrados.
SEGUIR LENDO: Diario de Arousa