Vilaboa proponse crear solo residencial e industrial

O Concello de Vilaboa proponse desenvolver chan residencial e industrial como reto de futuro. O alcalde, César Poza, márcase unha folla de ruta que permita ao municipio aumentar de maneira exponencial os seus ingresos actuais e asumir novos investimentos e proxectos. Desde a súa chegada a Alcaldía, en setembro de 2020, Poza está a articular o que el define como ?proxecto de concello?, que busca un crecemento do municipio que irá parello a un incremento dos ingresos, que neste momento condicionan os orzamentos anuais e os investimentos.

....

Ese convencemento levoulle a tentear a Zona Franca, con quen o Concello xa traballa para concretar un proxecto que sitúe en Vilaboa unha área de 400.000 metros cadrados que dean solución non só ás empresas do municipio, senón que sexa capaz de atraer empresas loxísticas e tecnolóxicas que valoren as boas comunicacións das que disporían en Vilaboa.

?Temos unha folla de ruta moi definida para traballar cun horizonte de cinco anos. Vilaboa leva moito tempo ancorada, preocupada por manter o que temos e sen tentear alternativas que permitan duplicar os ingresos, imprescindibles para pór en valor o noso municipio. É o momento de arrincar cun proxecto global que nos permita avanzar?, expón César Poza.

 
 
O alcalde ten claro que as condicións naturais e ambientais xunto aos recursos turísticos e o desenvolvemento urbanístico son os alicerces que permitirán a Vilaboa crecer como municipio e consolidarse como destino turístico.

FONTE: Faro de Vigo

Fecha publicacion: 
2021-04-16 11:15:00
Subir