Feijóo quere abaratar o solo industrial para competir con Portugal

Reducir trámites administrativos, conceder licencias exprés e abaratar o solo industrial. Estas tres claves para atraer proxectos empresariais deixou Alberto Núñez Feijóo na súa visita a Salvaterra de Miño, onde a conserveira Hijos de Carlo Albo puxo a primeira pedra da súa nova fábrica en Plisan, un parque que costou dúas décadas tramitar e que da un paso importante cara o desbloqueo.

O presidente da Xunta animou aos concellos a conceder licencias exprés para seguir atraendo inversións á comunidade e vinculou o retraso da Plisan a “causas xudiciais”. Nesta liña, avanzou que a Lei de simplificación administrativa e a reactivación económica que prevé que se aprobe este mesmo mes de febreiro axilizará os trámites para a implantación de empresas.

SEGUIR LENDO: Economía Digital Galicia

Fecha publicacion: 
2021-02-13 16:30:00
Subir