
A Plataforma Loxística de Salvaterra-As Neves (Plisan) viu onte cómo se colocaba a primeira pedra da factoría que estreará este complexo industrial propiedade do Porto de Vigo, Zona Franca e a Xunta. A planta da conserveira viguesa Hijos de Hermanos Albo rematou con case dúas décadas de trámites e proxectos para que aa Plisan comece a ser unha realidade. En total, desbloquearonse medio millón de metros cadrados de solo industrial, dos cales 63.000 se destinarán á nova fábrica de Albo, que actualmente se atopa en Vigo e que conta con máis de 150 anos de historia. De acordo coas estimacións, a fábrica construirase nun prazo de 18 meses.
MÁS INFORMACIÓN:
La Voz de Galicia (video)
Fecha publicacion:
2021-02-12 16:15:00