
O Consello Comarcal do Bierzo ha implementado na súa web www.elbierzosueloindustrial.com un formulario a través do cal particulares, empresas e inmobiliarias poden publicar parcelas ou naves industriais. Os obxectivos desta iniciativa son facilitar a venda ou aluguer destas propiedades a persoas emprendedoras e investidoras e, doutra banda, aproveitar esta ferramenta en Internet, que conta cunha completa información sobre O Bierzo e o chan industrial dispoñible.
Outra das novidades da web é a inclusión dos polígonos e parques industriais do municipio de Ponferrada. "O Concello non se sumou a esta iniciativa no pasado mandato, pero coa chegada do novo equipo de Goberno ao consistorio fíxose posible esta colaboración", explican desde o Consello. Desta maneira, a web conta xa cunha relación completa do chan industrial dispoñible en toda a comarca.
SEGUIR LENDO: Info Bierzo