
O Concello de Carballo adxudicou un total de dez licencias para o parque empresarial de Bértoa ao longo do 2020, unha moi boa cifra que reflicte a boa situación do polígono a pesar da crise económica derivada da sanitaria.
Segundo explican desde o goberno local, a adxudicación de chan industrial realizada por Xestur para este 2021 volve situar ao espazo carballés á cabeza de Galicia, con dous do cinco adxudicacións realizadas. As dúas parcelas, que suman un total de 3.216 metros cadrados, tiveron unha bonificación que ascende aos 125.000 euros.
Seguir lendo: La Voz de Galicia
Fecha publicacion:
2021-01-09 17:00:00