O Ministerio de Industria acepta que casi un 52% dos municipios da Comunitat Valenciana sexan considerados como zonas prioritarias de investimento industrial

Dende a Consellería de Economía Sustentable, Sectores Produtivos, Comercio e Traballo, da Comunidade Valenciana, informouse de que o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo aceptou a súa proposta para que máis da metade dos municipios da rexión sexan tidos en conta como zonas prioritarias de investimento industrial. Deste xeito todos os municipios valenciáns poderán optar ás axudas Reindus do Ministerio, e aqueles que teñan esta consideración contarán de antemán cunha maior ponderación.

Foron consideradas como zonas prioritarias de investimento aquelas que cumpren cunha serie de requisitos, como zonas con sectores maduros que precisan unha modernización e impulso competitivo, zonas que sufriron un proceso de desindustrialización, zonas afectadas pola transición ecolóxica, zonas de posible desenvolvemento industrial e zonas que sofren despoboamento.

Fonte.- Conselleria de Economía Sostenible, Sectores Productivos, Comercio y Trabajo da Comunitat Valenciana

Fecha publicacion: 
2019-03-25 16:15:00
Subir