A Sociedade para o Desenvolvemento Rexional de Cantabria pon en marcha un Observatorio sobre o Brexit

Ante a incerteza presente na comunidade empresarial europea, a 'Sociedad para el Desarrollo Regional de Cantabria', SODERCAN, en liña con outras instrucións de apoio empresarial e na súa condición de socio na Enterprise Europe Network, puxo en marcha unha web informativa sobre o Brexit.

Esta web informará sobre as noticias máis relevantes que se poidan producir así como dos posibles escenarios que se poidan suceder a partires do  29 de marzo, data establecida para a saída de Reino Unido da UE.

Deste xeito, estará dispoñible información relevante para a actividade empresarial, como documentos oficiais da UE ou o Goberno que poidan aportar pautas a seguir en virtude dos acontecementos que se sucedan.

Fonte.- SODERCAN

Fecha publicacion: 
2019-03-25 16:00:00
Subir