
A Xunta investirá no polígono de Morás ao redor de 14 millóns de euros, unha cantidade coa que pretende acelerar a entrada en funcionamento dun recinto que nace como vínculo entre o porto exterior e as principais conexións terrestres. Cun gasto total de 94,6 millóns de euros e iniciado no ano 2007, a Consellería de Infraestruturas prevé concluír este polígono no 2023. Ademais, Augas de Galicia investirá no 2021 1,8 millóns para a conexión do abastecemento de auga desde Vío, e dar así servizo ás naves que se instalen en Morás.
Tamén na área metropolitana da Coruña, a Axencia Galega de Infraestruturas investirá no próximo exercicio 10,5 millóns na primeira parte da fase de conexión da vía Ártabra coa AP-9, onde xa hai un grao de execución do 40 % da ligazón. Na previsión das súas contas inclúese un gasto de 7 millóns no 2022.
FONTE: La Voz de Galicia