A consellería prevé licitar o ano que ven o proxecto da cuarta fase de Lalín 2000

A cuarta fase do Polígono Lalín 2000 ponse en marcha. Na xornada de onte, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda presentou en Lalín o proxecto de ampliación do espazo empresarial. Os orzamentos da consellería contan para o próximo ano cunha partida de 1,5 millóns de euros para avanzar na execución destas actuacións. "Primeiro presentamos os orzamentos e agora xa podemos falar dos proxectos", apunta Vázquez. Na presentación realizada no propio recinto, estivo acompañada polo alcalde, José Crespo, a delegada territorial, Luisa Piñeiro, o xerente de Xestur, Argimiro Marnotes, e o presidente da AED, Antonio Lamas.

Por parte de Xestur, Marnotes, explica que se trata dunha actuación positiva "que se construíu en tres fases chegando a uns 360.000 metros cadrados". Coa ampliación realizarase case o mesmo, serán uns 320.000. Foron 260.000 metros que se repartiron en múltiples parcelas e onde só quedan dúas por adxudicar, "polo cal era o momento de acometer esta ampliación", indica. A cuarta fase irá da man dunha modificación do proxecto, "para que sexa máis eficiente e atractivo en servizos e custos; para ter un prezo máis adecuado", reseña

FONTE: Faro de Vigo

Fecha publicacion: 
2020-12-01 07:45:00
Subir