
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda emitiu o informe ambiental estratéxico correspondente á modificación do proxecto da Cidade do Transporte de Ponte Caldelas, que agora prevé un novo acceso suroeste para o tráfico, un incremento das prazas de aparcadoiro e máis beirarrúas e zonas verdes.
De acordo coa Xunta, que fixo público o venres este avance, esta modificación afecta a un ámbito industrial de case 90.000 metros cadrados, que se adaptará ás "necesidades actuais" e "potenciará a oferta de chan empresarial" na comarca de Pontevedra.
FONTE: Diario de Pontevedra
Fecha publicacion:
2020-11-14 11:30:00