O concello de Meis presentou un proxecto de parque empresarial a medida

O concello de Meis presentou onte un proxecto de parque empresarial, onde, á diferenza do proceso común, este non construirá o solo e esperará a chegada de empresas.

No seu caso, Meis ofrecerá o solo ás empresas e serán estas as que financien a urbanización do parque. En concreto, este proxecto está orientado cara dúas grandes empresas do sector tecnoalimentario.

A década pasada, a Deputación de Pontevedra promoveu xa a creación dun gran polígono industrial entre os municipios de Barro e Meis. Pero coa posterior construción da autovía Pontevedra-Vilagarcía, que axpropiou a maioría dos terreos do termo municipal de Meis, e a posterior crise económica, o proxecto e os 170.000 metros cadrados sobrantes tiveron que quedar paralizados.  

Fonte.- Faro de Vigo

Fecha publicacion: 
2019-03-28 13:00:00
Subir