O parque empresarial Área 33 contará cunha zona de aparcamento dotada con cincuenta plazas

O parque empresarial Área 33 de Silleda contará nos próximos días cun novo servizo: unha zona de estacionamento que ofertará un total de cincuenta prazas de aparcadoiro en batería. A zona pública de aparcadoiro está a construírse na saída en dirección a Lalín desde o polígono industrial silledense. A proposta realízase a través da convocatoria da Consellería de Economía e Facenda, coas axudas en réxime de concorrencia competitiva para a mellora de parques empresariais.

O alcalde, Manuel Cuiña, e o concelleiro de Industria, Klaus Brey, visitaron os traballos que está a realizar a empresa Taboada e Ramos, adxudicataria das obras. O proxecto inclúe a construción dun muro de contención que formará parte da nova fachada do polígono desde o acceso de Lalín. Este muro dotarase dun acabado aplacado en pedra e contará cun rótulo identificativo do polígono.

FONTE: La Voz de Galicia

Fecha publicacion: 
2020-10-25 17:15:00
Subir