Novos 'concellos emprendedores' para facer más fácil a inversión empresarial

Se suman As Pontes, Ponteceso, Ponteareas y Ribadumia

Galicia conta con 136 dos chamados concellos emprendedores despois de que nos últimos días sumáronse os concellos das Pontes e Ponteceso (A Coruña), Ponteareas (Pontevedra) e Ribadumia (Ourense). Trátase dunha declaración promovida pola Xunta para levantar as barreiras ao investimento empresarial e facilitar trámites administrativos.

En concreto, segundo informa o Goberno galego, a provincia de Ourense conta xa con 61 concellos emprendedores, A Coruña ten 35, Pontevedra 22 e Lugo 18.

Tal e como explica a Xunta, esta distinción supón "apoiar a actividade industrial" en Galicia "con máis axilidade administrativa e bonificacións fiscais". Isto radica nunha "aposta" polo "crecemento económico e pola dinamización do tecido produtivo" da Comunidade.

FONTE: Diario de Pontevedra

Fecha publicacion: 
2020-10-31 17:15:00
Subir