
A ampliación do polígono de Ou Vao cumpre 18 anos sen prazos concretos para o inicio de obra. A burocracia segue atascando un proxecto que a inmobiliaria Ponteno, vinculada ao Grupo Nogar, impulsou co obxectivo de xerar 230 postos de traballo, dos cales 190 serían directos e 40 indirectos. Estes últimos estarían relacionados con servizos auxiliares como transporte de mercadorías, limpeza, vixilancia e mantemento.
A portavoz do Concello, Anabel Gulías, asegurou este luns que a esta iniciativa empresarial aínda lle faltan dous trámites para saír adiante. O primeiro é a inscrición da parcela na que se vai a levantar o parque no Rexistro da Propiedade. E a segunda ten que ver coa subsanación, por parte de Ponteno, dun informe desfavorable de Auga de Galicia, un organismo que depende da Xunta.
FONTE: Diario de Pontevedra