As parcelas da cuarta fase de Lalín 2000 axustaranse á demanda empresarial

O alcalde de Lalín, José Crespo, e o asesor urbanístico, Javier Bugallo, compareceron onte para dar conta dos acordos da reunión mantida co titular do IGVS, Heriberto García Porto, sobre a cuarta fase do polígono Lalín 2000. O proxecto de expropiación dos terreos está xa adxudicado "o orzamento da Xunta destinara unha partida para a súa compra no actual exercicio", e no prazo de 15 días prevese a adxudicación do contrato para a modificación do plan de sectorización e tamén para o proxecto de urbanización. Desta forma, ao fin completaríanse os traballos técnicos previos ás obras da cuarta fase.

FONTE: La Voz de Galicia

Fecha publicacion: 
2020-10-01 08:45:00
Subir