El Concello de Ribadavia aprueba nuevos trámites para ampliar el suelo empresarial

A Xunta de Goberno do Concello de Ribadavia adxudicou a redacción da modificación do plan parcial do seu parque empresarial, situado en San Cristovo.

Esta modificación do documento de plan, unha vez aprobada, permitirá o desenvolvemento da terceira fase do Parque Empresarial de Ribadavia, que porá a disposición 50.000 metros cadrados de chan industrial para a instalación de novas empresas neste municipio. Con esta actuación, o goberno municipal   cumpre o acordo que no pasado mes de xuño formalizaron coa firma dun protocolo de colaboración o alcalde, César Fernández, e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Anxos Vázquez.

Segundo o devandito protocolo, o Concello de Ribadavia debía levar a cabo a modificación do plan parcial e, unha vez aprobada, será o Instituto Galego de Vivenda e Solo o que se encargue do desenvolvemento e urbanización da terceira fase do parque empresarial.

FUENTE: La Región, La Voz de Galicia

Fecha publicacion: 
2020-09-16 07:00:00
Subir