
A Lei de Implantación Empresarial aprobada en 2017, ten entre os seus obxectivos promover a captación de inversión para a comunidade, manter en Galicia empresas que buscan expandirse e facilitar a creación doutras novas.
Dentro deste plan, o papel dos concellos é predominante, pois a cambio de rebaixar ata un 95% os tributos municipais: IBI, IAE e ICIO; teñen preferencia no reparto das subvencións da Xunta.
Na actualidade, son 121 os concellos que se uniron ao selo Doing Business, baixo o amparo desta lei. Isto supón que asinaron un convenio coa Xunta segundo o cal contan con prioridade no acceso a os máis de 40 millóns de euros subvencionables polo fomento do emprego, dinamización comercial e desenvolvemento local. Os municipios comprométense así a aprobar estas bonificacións a novas empresas e empresas que se amplíen, do seguinte xeito:
- Empresas que crean 20 puestos ou máis: rebaixa do 95%
- Empresas que crean entre 11 e 20 empregos: rebaixa do 75%
- Empresas que crean ata 10 empregos: rebaixa do 50%
Dende a implantación da lei, creáronse en Galicia 529 empresas, 136 en Pontevedra, 238 en A Coruña, 96 en Ourense e 59 en Lugo; sendo o concello máis activo o de Mos.
Fonte.- Faro de Vigo