Aprobada a proposta de convenio para a ampliación do Polígono de Ponteceso

No último pleno celebrado no concello de Ponteceso púxose sobre a mesa a aprobación do convenio entre SEPES e o concello para levar a cabo a ampliación do polígono de Tella. Dende o executivo elaborouse unha proposta que foi apoiada pola maioría de partidos políticos con representación no concello.

Esta ampliación contará, segundo o planeado, con 21 hectáreas de superficie industrial para desenvolver e cun orzamento de máis de cinco millóns de euros para investir nos próximos tres anos e medio tanto na elaboración do proxecto como na súa execución.

Fonte.- La Voz de Galicia

Fecha publicacion: 
2019-03-27 12:15:00
Subir