
As empresas interesadas en establecerse no parque empresarial de A Rúa, As Pedreiras, axiña terán á súa disposición unha maior superficie urbanizada de solo industrial. O Concello que dirixe Álvaro Fernández López anunciou onte a confirmación dunha subvención de 113.659 euros, procedente da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
Esta axuda foi outorgada para acometer as obras de prolongación do viriol onde rematou a fase anterior, na zona superior do parque empresarial. A súa continuidade permitirá ampliar as parcelas a ofertar ás posibles empresas interesadas, segundo explicou o rexidor, Álvaro Blanco.
FONTE: La Región
Fecha publicacion:
2020-07-13 07:15:00