
A Federación Galega de Parques Empresariais (Fegape) considera necesario e está a traballar nunha proposta de lei que regule os parques empresariais galegos. A intención, segundo a federación, é regular o funcionamento e a dinamización das áreas empresariais, fundamental para todos os axentes vinculados aos parques. Na proposta traballan diferentes representantes de parques empresariais galegos, e esperan poder presentala ante a Xunta de Galicia para a súa valoración.
Fonte: Economía en Galicia
Fecha publicacion:
2020-06-12 11:00:00