O parque empresarial de San Cibrao atende máis de 4 000 consultas sobre a Covid-19

En momentos de incertidume, as entidades xestoras de solo empresarial se erguen como canles de comunicación e seguridade para as empresas. No caso da asociación de empresarios do Polígono de San Cibrao, no municipio ourensán, xa tramitaron máis de 4 000 consultas en relación á Covid-19, principalmente sobre as actividades esenciais, a exportación de produtos, os xustificantes de mobilidade, a tramitación de axudas ou préstamos ou os protocolos sanitarios de prevención. Así, a asociación exerceu de intermediario para trasladar ditas consultas ás diferentes administracións territoriais e comunicar as respostas ás empresas interesadas.

Fonte: Economía en Galicia

Fecha publicacion: 
2020-05-20 08:30:00
Subir