Instálase unha nova empresa na Veigadaña, Mos

Reciclajes AVI instalouse no Parque Empresarial da Veigadaña, en Mos. As novas instalacións, teñen unha superficie total de 8.000 metros cadrados e unha superficie construída de 3.500 m2. Cun deseño pensado para a xestión de residuos, trátase dunha construción con espazos interiores abertos, sen columnas, e unha altura de 12 metros, o que permite unha gran operatividade nosos procesos de produción. No seu interior consta dunha zona destinada a oficinas e vestiarios, composta por 3 plantas. Todo isto equipado ao detalle cós últimos equipos de seguridade contra-incendio.

Fonte.- Concello de Mos

Fecha publicacion: 
2019-03-17 11:30:00
Subir