A Xunta reabre o prazo de presentación de ofertas para a execución das obras de mellora do abastecemento ao parque empresarial de Vilamarín

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de reabrir o prazo de presentación de ofertas para a execución das obras de acondicionamento das captacións e mellora do abastecemento ao parque empresarial e os núcleos das Quintás e da Ría, no concello de Vilamarín, cun investimento duns 200.000 euros.

A Xunta reabriu onte o prazo de presentación de ofertas para realizar esta actuación, xa licitada, pero afectada inicialmente pola suspensión de prazos nos procedementos administrativos coa declaración do estado de alarma.

A reactivación do procedemento, que recolle xa a plataforma de contratos públicos da Xunta, establece que as empresas interesadas na execución deste proxecto poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro día 7 de maio. As obras teñen un prazo de execución de catro meses.

Fonte: Xunta de Galicia

Fecha publicacion: 
2020-04-28 11:45:00
Subir